Actualidade

Acto de sinatura do convenio de colaboración coa Obra Social “La Caixa” para o financiamento do proxecto “Programa Terapéutico de Soporte Domiciliario para menores con Autismo”

Fundación Menela e a Obra Social “La Caixa” asinan un convenio de colaboración para o desenvolvemento do Programa Terapéutico de Soporte Domiciliario para menores con Autismo.

A Obra Social “La Caixa” apoia con 18.520€ o Programa Terapéutico de Soporte Domiciliario que nace para ofrecer unha atención global, constante, integrada e coordinada, dentro da atención temperá, a nenos con diagnóstico de Trastorno do Espectro do Autismo, ou que están en risco de padecelo, e ás súas familias.

A convivencia con nenos que non dialogan, que ás veces parece que non che escoitan ou que non che senten, que non se explican, que se empeñan en repeticións, que aparecen fráxiles fronte ás novidades ou os cambios, ven acompañada dunha proxección masiva de sentimentos que golpean á persoa que os acompaña, tanto se é a nai, o pai, o terapeuta ou a mestra.

A base da atención do proxecto é axudar á familia (nai, pai, irmáns) e ao neno para atopar mellores maneiras de relacionarse, a partir da comprensión do trastorno e o acompañamento á familia, compartindo as vivencias, emocións e dúbidas que provoca a situación e buscando novas formas de activar o interese polo mundo, a relación e a comunicación do neno.

Subscribiron o convenio Gonzalo Talegón López, director da Área de Vigo de “La Caixa” e Cipriano L. Jiménez Casas, director xeral da Fundación Menela, quenes estiveron acompañados por Noemí González Sanroman, Directora Oficina de Bouzas de “La Caixa” e o director xerente da Fundación Menela, Jose Manuel Varela Rodríguez.

 

Este convenio enmárcase na convocatoria de Promoción da autonomía persoal e atención ao envellecemento, a discapacidade e a enfermidade 2018, enmarcada no Programa de Axudas a Proxectos de Iniciativas Sociais que impulsa anualmente a Obra Social “La Caixa”. 

 Fundación Menela | 5 de xuño de 2018

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.