A Xunta de Galicia financia a adquisición dunha nova furgoneta para o programa de actividades de Fundación Menela
A Xunta de Galicia concede á Fundación Menela unha subvención para a compra de unha furgoneta que permitirá ampliar as prazas de transporte para as persoas usuarias dos seus Centros e Servizos e facilitará as saídas de ocio e outro tipo de actividades de proxección social das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo da entidade
Convocatoria: Orde de 23 de setembro de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade por entidades de iniciativa social da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea- NextGenerationEU de conformidade co Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia e se convocan para o ano 2023
Número de expediente: BS631C/2022/0011 Importe da Subvención: 31.319,39 euros