POISES PSICOSOCIAL 2022-2023

Persoas con Autismo e discapacidade psicosocial do Centro Castro Navás finalizan o programa formativo `Operacións básicas de cociña´ da Fundación ONCE

Recuperando as palabras de Rita Jordan (2012), as persoas con Autismo e discapacidade psicosocial seguen desenvolvéndose e aprendendo despois de chegar a idade adulta, e necesitan oportunidades para ocuparse en tarefas produtivas, para continuar desenvolvendo as súas habilidades e capacidade de comprensión, e para disfrutar da vida plenamente. Todas elas son persoas con fortalezas, debilidades, personalidades, intereses, talentos e niveis de habilidade e comprensión propios. Polo tanto, o que poden facer, e o que elixen facer, pode ser tan variado como en calquera outro grupo de persoas, e o apoio que se lle preste debe ir destinado a permitirlles o acceso a calquera desexo que expresen.

O programa formativo executado por Fundación Menela ao amparo da convocatoria POISES PSICOSOCIAL 2022-2023 da Fundación ONCE, supuxo unha oportunidade para formarse e ocuparse nunha actividade produtiva real que responde aos intereses e desexos dos participantes; catro persoas con TEA e discapacidade psicosocial asociada, residentes do Centro de adultos Castro Navás, cuxo nivel de severidade do Autismo requiriu dunha contorna protexida e un sistema de apoios personalizados e individualizados que facilitaron a aprendizaxe de habilidades de autonomía persoal, socio-comunicativas, orientación vocacional e laboráis. O resultado foi excelente, un recoñecemento social e unha mellora da autoestima persoal.

 

Estas axudas económicas estarán cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do citado Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social, en concreto, Obxectivo Temático 9, Prioridade de Investimento 9.1. Obxectivo Específico 9.1.2. relativo a aumentar a contratación de persoas con discapacidade en situación ou risco de exclusión social.

 

   

 

4 de Octubre de 2023 Ι Fundación Menela

 

 

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.