POISES UNO A UNO 2022-2023
Fundación Menela forma a seis mozos con discapacidade na actividade laboral de auxiliar de comida rápida có apoio da Fundación
Conseguir un traballo representa un aspecto fundamental para a Calidade de Vida das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA); supón melloras na súa autonomía, na súa capacidade de participación social, na súa vida independente e no seu sentimento de orgullo e autoestima. Así, para poder conseguir este obxectivo de inclusión sociolaboral son necesarias ferramentas formativas potentes ao seu alcance e, non menos importante, unha predisposición por parte do empresariado e das contornas laborais á flexibilidade e á adaptación.
Fundación MENELA aúna estes dous elementos claves e, grazas ao apoio da Fundación ONCE, desenvolveu un programa formativo que permitiu formar a seis mozos e mozas con discapacidade na actividade laboral de auxiliar de comida rápida, unha actividade profesional que conecta cos intereses e motivacións de cada un deles.
O proxecto formativo executouse entre os meses de febreiro de 2023 e xullo de 2023 adicándolle un total de 500 horas, 390 horas de formación teórica e 110 horas de formación no posto de traballo (dividido en dous grupos), contando coa colaboración e apoio da empresa ALSEA, S.A.
Esta formación facilitou a adquisición de competencias profesionais do sector da alimentación e competenciais persoais que lles permiten transitar e posicionarse dunha maneira diferente no mundo. Unha planificación centrada na persoa, unha formación específica práctica e experiencial cos apoios axeitados, un acompañamento intensivo durante todo o proceso formativo e na práctica no posto traballo, foron ferramentas imprencindibles para que os mozos e mozas con discapacidade acadaran uns resultados positivos, unha maior seguridade e autonomía persoal.
Estas axudas económicas están cofinanciadas polo FSE no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social 2014-2020, en concreto co Obxectivo temático 9: Promover a inclusión social, loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación. Prioridade de investimento 9.1. Obxectivo Específico 9.1.2. relativo a aumentar a contratación de persoas con discapacidade en situación ou risco de exclusión social.
3 de agosto de 2023 Ι Fundación Menela