PROGRAMA UNO A UNO 2023-2024
PROGRAMA ESTATAL PARA O REFORZO DA EMPREGABILIDADE DE PERSOAS CON DICAPACIDADE. AGRICULTURA ECOLOXICA E TECNICO DE COMPOSTAXE
Na Guía de Boa Práctica para o tratamento dos Trastornos do Espectro do Autismo (Grupo de Estudo dos Trastornos do Espectro Autista do Instituto de Saúde Carlos III.), existe un consenso sobre que a formación especializada e o apoio comunitario son os medios de intervención máis eficaces e efectivos para promover o desenvolvemento das persoas con TEA. A formación das persoas con TEA dirixida a potenciar o desenvolvemento de competencias que favorezan a súa inclusión social son determinantes. Por este motivo, debemos brindarlles medidas que melloren as súas opcións de empregabilidade
O Curso de Agricultura Ecolóxica e Técnico de Compostaxe supoxo una medida moi enriquecedora para as 10 persoas que se beneficiariaron desta operación Neste curso adquiriron as competencias necesarias para desempeñar funcións auxiliares en labores de selección de sementes, planificación de cultivo, recollida da produción, selección e clasificación de residuos, entre outras moitas aprendizaxes que lles facilitará a inserción laboral nun sector onde actualmente a demanda de produtos ecolóxicos está en auxe polo que constitúe un nicho de emprego consolidado
Ademais de coñecementos relacionados co posto de traballo a incorporación ao curso de persoas usuarias doutras entidades, como FEAFES e EVD, con discapacidades psíquicas e/ou sensoriais diferentes ao autismo, supuxo unha experiencia de integración social moi positiva tanto para as persoas participantes como para Castro Navás, centro no que se desenvolveu a operación
O proxecto formativo executouse entre os meses de febreiro e agosto de 2024 adicándolle un total de 600 horas, 400 horas de formación teórica e 200 de formación no posto de traballo
Curso de Agricultura Ecolóxica
Estas axudas económicas están cofinanciadas polo FSE+ no marco do Programa Estatal FSE+ de Inclusión Social, Garantía Infantil e Loita contra a Pobreza 2021-2027, en concreto co Obxectivo político 4: unha Europa mais social e integradora mediante a aplicación do pilar europeo de dereitos. Obxectivo Específico h) relativo a fomentar a inclusión activa ao obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación, e mellorar a empregabilidade, en particular para os grupos desfavorecidos.