POISES PSICOSOCIAL - Ano 2021-2022

FORMACIÓN PARA O EMPREGO
Operacións básicas de cociña

Fundación ONCE, con data 13 de decembro de 2021, outorga unha axuda de 20.000 euros á Fundación Menela para a execución de “Formación para o emprego: operación básicas de cociña” presentado á CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS A PROXECTOS DE REFORZO DA EMPREGABILIDADE DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE PSICOSOCIAL – AÑO 2021 no marco do Programa Operativo POISES 2014-2020 Cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE).

O emprego é un factor clave para mellorar a calidade de vida e a inclusión na sociedade de toda persoa, sendo un elemento esencial para desenvolver a vida adulta con independencia e autonomía. Según datos europeos/Autismo Europa, 2014, entre o 76% e o 90% das persoas con TEA non traballan. Estas cifras apórtannos luz sobre a situación actual en materia de emprego que vive o noso colectivo.

As persoas que forman Fundación Menela non son axenas a esta realidade. Realistas có talento e coas capacidades das persoas con Autismo, e comprometidos coa necesidade de visibilizadas, o programa “Formación para o emprego: operación básicas de cociña” ofrece unha oportunidade de formación para reforzar a empregabilidade de catro persoas adultas con TEA e discapacidade psicosocial usuarias do Centro de adultos Castro Navás. Ao longo de 400 horas de formación, abordaranse estratexias para a orientación vocacional, habilidades de autonomía persoal, socio-comunicativas, funcións executivas, habilidades laborais e específicas para desenvolver tarefas propias da especialidade operación básicas de cociña.

 

Esta axuda económica está cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa Operativo de Inclusión Social y Economía Social (POISES) 2014-2020, en concreto, có Obxectivo Temático 9, Prioridade de Intersión 9.1, Obxectivo Específico 9.1.2, relativo a aumentar a contratación de persoas con discapacidade en situación o risco de exclusión social. 

 

   

 

20 de decembro de 2021 Ι Fundación Menela

 

 

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.