POEJ UNO A UNO - Ano 2021
Impulsa tu talento
Refuerzo de la Empleabilidad para personas con TEA
Fundación ONCE, con data 13 de outubro de 2021, outorga unha axuda de 24.000 euros á Fundación Menela para a execución de “Impulsa Tu Talento. Programa de Refuerzo de la Empleabilidad para personas con Trastorno del Espectro del Autismo”, presentado a CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS A PROXECTOS DE REFORZO DA EMPREGABILIDADE DE PERSOAS NOVAS CON DISCAPACIDADE “UNO A UNO” – ANO 2021-2022, no marco do Programa Operativo POEJ 2014-2020 Cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE).
“Impulsa Tu Talento” ten o obxecto de desenvolver apoios individualizados para a capacitación persoal e laboral de seis persoas con Trastorno do Espectro do Autismo e discapacidade intelectual asociada usuarias do Centro de adultos Castro Navás, a través do programa de formación “Auxiliar de Cociña e Hostalaría” que inclue a formación no posto de traballo, coa finalidade de contribuír á inserción socio laboral dun colectivo con maiores dificultades para atopar un emprego de calidade.
Esta axuda económica está cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa Operativo de Garantía Xuvenil (Eixo 5), Obxectivo temático 8 promover a sostenibilidade e a calidade no emprego e favorecer a movilidade laboral, Obxectivo específico 8.2.2 dirixido a reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas mozas non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación.
20 de outubro de 2021 Ι Fundación Menela