Deseño e Maquetación para Servizos Editoriais

Finaliza o programa formativo ‘Deseño e Maquetación para Servizos Editoriais’ coa formación de cinco persoas con TEA da Fundación Menela

 

Fundación ONCE, con data 13 de outubro de 2021, outorga unha axuda de 20.000 euros á Fundación Menela para a execución do programa de reforzo da empregabilidade para persoas con Trastorno do Espectro do Autismo “Deseño e Maquetación para Servizos Editoriais”, que foi presentado a CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS A PROXECTOS DE REFORZO DA EMPREGABILIDADE DE PERSOAS NOVAS CON DISCAPACIDADE “UNO A UNO”, ANO 2021-2022, no marco do Programa Operativo POEJ 2030-2021 Cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE).

O programa formativo “Deseño e Maquetación para Servizos Editoriais” ten o obxecto de desenvolver apoios individualizados para a capacitación no manexo de ferramentas de software propias do diseñador gráfico, de forma que poidan crear e publicar libros, revistas dixitais, pósters e moito mais. No mesmo participarán cinco persoas con Autismo que realizarán prácticas en diferentes empresas do sector.

Esta axuda económica está cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa Operativo de Garantía Xuvenil (Eixo 5), Obxectivo temático 8 promover a sostenibilidade e a calidade no emprego e favorecer a movilidade laboral, Obxectivo específico 8.2.2 dirixido a reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas mozas non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación. 

 

   

 

 

 

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.