Fundación ONCE, con data 29 de setembro de 2020, outorga unha axuda de 20.000 euros á Fundación Menela para a execución do “Proxecto de Emprego para Novos con TEA 2020”, presentado a CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS A PROXECTOS DE REFORZO DA EMPREGABILIDADE DE PERSOAS NOVAS CON DISCAPACIDADE “UNO A UNO” – ANO 2020.

“Proxecto de Emprego para Novos con TEA” ten o obxecto de desenvolver apoios especializados e individualizados para a capacitación persoal e laboral de cinco persoas con Trastorno do Espectro do Autismo sen discapacidade intelectual asociada, todos eles usuarios do Servizo de Atención Temperá e Apoio Integral da Fundación Menela.

O farán a través do programa de formación de “Atención ao Público” que abrangue unha parte teórica centrada na promoción de habilidades de autonomía persoal, sociais e laborais, e a formación no posto de traballo, en gasoliñeiras e tenda de videoxogos. Todo elo coa finalidade de contribuír á inserción socio laboral dun colectivo con maiores dificultades para atopar un emprego de calidade.

Esta axuda económica está cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa Operativo de Garantía Xuvenil (Eixo 5), Obxectivo temático 8 promover a sostenibilidade e a calidade no emprego e favorecer a movilidade laboral, Obxectivo específico 8.2.2 dirixido a reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas 

 

 

 

 

Fundación Menela | 14 de Outubro de 2020 

 

 

Add comment

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.