POEJ PSICOSOCIAL 2022-2023
Formación para o emprego: operacións básicas de pisos en aloxamento
Fundación ONCE, con data 8 de novembro de 2022, outorga unha axuda de 30.000 euros á Fundación Menela para a execución do programa “Formación para o emprego: operacións básicas de pisos en aloxamentos” presentado á CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS PARA A SELECCIÓN DE OPERACIÓNS PARA O REFORZO DA EMPREGABILIDADE DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE PSICOSOCIAL – ANO 2022-2023 no marco do Programa Operativo de Emprego Xuvenil POEJ 2014-2020, cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE).
O programa formativo executarase no Centro de adultos Castro Navás, do que é titular Fundación Menela, entre os meses de decembro de 2022 e xuño de 2023, adicándolle cada un dos 6 participantes, persoas con Trastorno do Espectro do Autismo e discapacidade intelectual asociada, un total de 380 horas de formación teórica e práctica.
Formación para o emprego: operacións básicas de pisos en aloxamentos, proporciona unha estrutura formativa práctica e funcional que permite dotar a cada un dos beneficiarios das habilidades persoais, sociais e laborais para enfrentarse con éxito as tarefas propias dunha actividade que responde as as demandas do mercado actual.
Esta axuda económica esta cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEJ) 2014-2020, en concreto no contexto da Garantía Xuvenil (Eixo 5), Obxectivo específico 8.2.2 dirixido a reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas mozas non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación.
16 de Xaneiro de 2023 Ι Fundación Menela