POEJ UNO A UNO 2022-2023

Reforzo da Empregabilidade para persoas con TEA: Auxiliar de Cociña e Hostelería  

Fundación ONCE, con data 8 de novembro de 2022, outorga unha axuda de 24.000 euros á Fundación MENELA para a execución do “Programa de Reforzo da Empregabilidade para persoas con TEA: Auxiliar de Cociña e Hostelería” presentado á CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS PARA A SELECCIÓN DE OPERACIÓNS PARA O REFORZO DA EMPREGABILIDADE DE PERSOAS MOZAS CON DISCAPACIDADE “UNO A UNO” – ANO 2022-2023 no marco do Programa Operativo POEJ 2014-2020 Cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE).

O proxecto formativo está dirixido a un grupo de seis mozos e mozas con Trastorno do Espectro do Autismo, con capacidade de adaptación e rendemento na realización de tarefas vinculadas ao posto de técnico auxiliar de cociña e hostelería. Un itinerario pensado para proporcionar competenciais profesionais do sector de alimentación (preparación e conservación de elaboracións culinarias sinxelas, hixiene na manipulación) que se amplifica con todos aqueles contidos relacionados coa autonomía persoal, habilidades sociais e comunicativas, participación social e a aprendizaxe de tarefas da vida diaria.

Partindo do coñecemento previo dos intereses de cada un dos seis beneficiarios, das súas competencias e puntos de mellora, ofréceselles unha experiencia real a través da formación nun centro de traballo, gracias ao apoio e colaboración da empresa EUREST COLECTIVIDADES S.L, proporcionando non só unha contorna laboral senón unha contorna social cun entrenamento en participación social.

O programa formativo executarase entre os meses de decembro de 2022 e abril de 2023 adicándolle, cada un dos participantes, un total de 410 horas, 224 horas de formación teórica e 186 de formación no posto de traballo.

Estas axudas económicas están cofinanciadas polo FSE no marco do Programa Operativo de Empleo Juvenil 2014-2020, en concreto no contexto da Garantía Xuvenil (Eixo 5), Obxectivo temático 8: Promover a sostenibilidade e a calidade no emprego e favorecer a movilidade laboral. Obxectivo específico 8.2.2 dirixido a reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas mozas non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación.

 

   

 

18 de Xaneiro de 2023 Ι Fundación Menela

 

 

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.