POISES PSICOSOCIAL 2022-2023
Formación para o emprego de persoas con TEA: Operacións básicas de cociña
Fundación ONCE, con data 30 de decembro de 2022, outorga unha axuda de 20.000 euros á Fundación MENELA para a execución do programa “Formación para o emprego de persoas con TEA: Operacións básicas de cociña” presentado á Convocatoria de Axudas Económicas para a Selección de Operacións para o Reforzo da Empregabilidade de Persoas con Discapacidade Psicosocial – POISES – Ano 2022-2023, no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES) 2014-2020 Cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE).
Seguindo o razoamento de Francesc Pèlach i Busom presentamos un programa formativo atendendo ao traballo como realidade e ferramenta terapéutica. Realidade porque como persoa, as persoas con Autismo e discapacidade psicosocial teñen dereito e capacidade para realizado, e como ferramenta terapéutica porque debe servirnos e servirlles para mellorar aqueles aspectos que o seu Autismo lle limita.
O programa formativo está dirixido a catro persoas con TEA e discapacidade psicosocial, residentes do Centro de adultos Castro Navás, cuxo nivel de severidade non lles permite participar nunha estrutura que esixa garantir certa producción, pero sí con capacidade de aprendizaxe e mellora. Así, a orientación vocacional, as habilidades de autonomía persoal, socio-comunicativas, funcións executivas, a autodeterminación e as habilidades laboráis, son os contidos a abordar nas accións formativas individuais (30%) e grupais (70%) que teñen unha duración total de 400 horas por participante.
Estas axudas económicas estarán cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do citado Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social, en concreto, Obxectivo Temático 9, Prioridade de Investimento 9.1. Obxectivo Específico 9.1.2. relativo a aumentar a contratación de persoas con discapacidade en situación ou risco de exclusión social.
3 de Abril de 2023 Ι Fundación Menela