POISES UNO A UNO 2022-2023
IMPULSA TU TALENTO PROGRAMA DE REFUERZO DA EMPREGABILIDADE PARA PERSOAS CON DISCAPACIDAD. AUXILIAR DE COMIDA RÁPIDA.
Fundación ONCE, con data 30 de decembro de 2022, outorga unha axuda de 24.000 euros á Fundación MENELA para a execución do “IMPULSA TU TALENTO Programa de Reforzo da Empregabilidade para persoas con discapacidade: Auxiliar comida rápida” presentado á CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS PARA A SELECCIÓN DE OPERACIÓNS PARA O REFORZO DA EMPREGABILIDADE DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE “UNO A UNO” – ANO 2022-2023 Cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE).
“IMPULSA TU TALENTO” ten o obxecto de desenvolver apoios individualizados para a capacitación persoal e laboral de seis persoas con discapacidade, a través do programa de formación “Impulsa Tu Talento: Auxiliar comida rápida” que inclue a formación no posto de traballo, gracias a colaboración da empresa ALSEA, S.A., coa finalidade de contribuír á inserción socio laboral dun colectivo con maiores dificultades para atopar un emprego de calidade.
O programa formativo executarase entre os meses de febreiro de 2023 e xullo de 2023 adicándolle, un total de 500 horas, 390 horas de formación teórica e 110 horas de formación no posto de traballo (dividido en dous grupos).
Estas axudas económicas están cofinanciadas polo FSE no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social 2014-2020, en concreto co Obxectivo temático 9: Promover a inclusión social, loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación. Prioridade de investimento 9.1. Obxectivo Específico 9.1.2. relativo a aumentar a contratación de persoas con discapacidade en situación ou risco de exclusión social.
Febreiro de 2023 Ι Fundación Menela