loading

SUMANDO CAPACIDADES FORMACIÓN EN HABILIDADES SOCIOLABORAIS DE PERSOAS CON TEA (2)

SUMANDO CAPACIDADES FORMACIÓN EN HABILIDADES SOCIOLABORAIS DE PERSOAS CON TEA

 

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acordou, na súa sesión ordinaria de 16 de outubro de 2020, en relación ás subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para actuacións no ámbito social na provincia de Pontevedra no ano 2020, concederlle unha subvención a FUNDACIÓN MENELA por importe de 6.000,00 euros para a execución do proxecto SUMANDO CAPACIDADES.

Os resultados positivos acadados nas dúas edicións anteriores desta convocatoria constitúen o impulso da terceira edición do proxecto SUMANDO CAPACIDADES, que partiu dunha axeitada planificación e orientación previa sobre a detección de intereses e capacidades das persoas beneficiarias. En base a esta orientación vocacional, participaron no proxecto 8 persoas adultas con Trastorno do Espectro do Autismo e discapacidade intelectual asociada as cales, durante seis meses meses, realizaron un programa formativo que combinou teoría e práctica para adquirir as competencias necesarias para desenvolver as tarefas na Lavandería Industrial.

Unha vez máis, o proxecto puxo de manifesto que é imprescindible contemplar a posibilidade de que as persoas con TEA poidan acceder a unha formación e a un traballo digno, promovendo as oportunidades e competencias persoais que resulten necesarias para facelo. A predictibilidade, estruturación e explicitación de obxectivos a conseguir facilitan o traballo.

SUMANDO CAPACIDADES contribuiu á sensibilización para promover a igualdade de oportunidade e a facer do dereito á formación e ao emprego unha realidade; un factor esencial que incide na mellora da calidade de vida, o desenvolvemento persoal e a participación plena da persoa con TEA na sociedade.a banda, a dirección acolleu esta nova con especial ledicia ao ser flexible e non cinguirse a algo concreto, polo que acordou presentar nas vindeiras semanas o proxecto deste ano 2020.

 

Fundación Menela | 29 de outubro de 2020

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.