Xacobeo Autismo | Un Camiño de todos 2021
O PROXECTO
‘Xacobeo Autismo. Un camiño de todos’ é unha iniciativa da Fundación Menela que se enmarca no programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia para a dinamización do Xacobeo 2021. No seu desenvolvemento conta có apoio do Concello de Nigrán. 20 persoas con Trastorno do Espectro do Autismo do Centro de adultos Castro Navás, vivirán e compartirán a experiencia como peregrinos nun tramo do Camiño Portugués da Costa.
OS DESTINATARIOS
Os destinatarios deste proxecto, serán 20 persoas adultas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e discapacidade intelectual asociada, acompañados por 10 profesionais especializados na atención directa con este colectivo de persoas con TEA. Contaremos tamén coas familias e persoal voluntario.
As 20 persoas adultas con TEA, son usuarias do Centro de Día e Residencial Castro Navás, cuxa titularidade corresponden a Fundación Menela.
AS ETAPAS DO NOSO CAMIÑO
AS ACCIÓN DO PROXECTO
FACENDO CAMIÑO
20 persoas con Autismo, acompañadas de profesionais especializados, continúan percorrendo o Camiño Portugués da Costa que enlaza as localidades de Nigrán e Pontevedra.
CAMIÑA CONNOSCO
Invitarán a centros educativos, colectivos sociais e concellos localizados nas localidades de paso do Camiño, a acompañalos de forma virtual.
UN CAMIÑO PARA TODOS
Contribuirán á accesibilidade cognitiva do Camiño Portugués da Costa mediante a sinalización dos espazos con pictogramas.
CUSTES DO PROXECTO E FINANCIAMENTO
Os gastos do proxecto XacobeoAutismo cúbrense coas achegas económicas da Xunta de Galicia, a través da convocatoria de axudas de dinamización do Xacobeo 2021 dentro do proxecto "O TEU XACOBEO" da Axencia Turismo de Galicia, do Concello de Nigrán (Pontevedra) e da propia Fundación Menela. A participación de cada un dos financidores no orzamento total é a seguinte:
NOTICIAS RELACIONADAS CO PROXECTO
MEMORIA DO PROXECTO XACOBEO AUTISMO. UN CAMIÑO DE TODOS 2021
CARTA DE AGRADECIMIENTO SANITARIOS