Atención Psicosocial
Apoio psicosocial, atención relacional e comunicativa para adultos con TEA
UNo Centro Castro Navás cremos que a intervención profesional debe de ter un carácter integral e atender a todas as necesidades que poidan xurdir ao redor dos diferentes compoñentes do ser humano, tanto biolóxico como psicolóxico e social. Por iso, esforzámonos en potenciar o desenvolvemento psicosocial dos nosos usuarios e a súa interacción coa contorna e as distintas estratexias que se poden empregar para actuar ao respecto. Somentes así, a intervención pode contribuír ao desenvolvemento, a rehabilitación ou o mantemento das capacidades do usuario e ao incremento da autonomía e interacción co seu contexto social.
O apoio psicosocial á persoa usuaria inclúe a súa atención relacional e comunicativa. Utilizamos o ambiente como factor de desenvolvemen to da autonomía persoal e da relación social, adaptando os elementos espaciais e materiais, tanto interiores como exteriores, co obxecto de eliminar calquera barreira e tendo en conta ás preferencias das persoas, a función ás que van dirixidos os espazos e as actividades que se levan a cabo nos mesmos. Utilizando cando se precisa de técnicas alternativas e aumentativas para as persoas con necesidades especiais de comunicación.
De cara ás familias das persoas usuarias, o servizo de atención psicosocial proporcionalle información, asesoramento, así como apoio psicolóxico e emocional.