Atención Temperá
Atención especializada nos primeiros anos para favorecer o desenvolvemento e as capacidades nas etapas posteriores da vida
As probas dispoñibles nunha ampla variedade de programas e estudios suxiren que a intervención temperá en nenos con TEA conduce a mellores resultados.
Conxunto de intervencións dirixidas a nenos/as de 0 a 6 anos, as súas familias e ao seu contorno, có obxectivo de dar resposta ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos/as con TEA, ou que estean en risco de padecelos.
Partimos dun enfoque da atención temperá centrada nunha triple vertiente: neno, familia e contorna. Por tanto, a intervención diríxese a todos e cada un destes grupos. Todos os axentes implicados (ámbito familiar, escola infantil, recursos sociosanitarios, contorna vital do neno e contexto de intervención terapéutico) deben de estar debidamente coordinados.
- Atención psicolóxica
- Servizo de logopedia
- Servizo de psicomotricidade
- Servizo de terapia ocupacional
- Servizo de fisioterapia