loading

Educación

Dar resposta aos requirimentos educativos específicos dos nenos e rapaces con TEA para acadar a súa mellor habilitación social

O Centro de Educación Especial Menela ,concertado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria dente 1987, ten en funcionamento 8 unidades de Educación Especial. Ofrece un ensino de calidade orientado a conseguir que o alumnado adquira as competencias necesarias para acadar un bo nivel de integración social e desenvolvemento persoal na súa vida a través dun currículo adaptado ás súas características individuais e as súas capacidades.

Os profesionais que traballan na área de Educación da Fundación Menela (Directora, 8 Mestres de Educación Especial, Psicóloga, Logopeda e Auxiliares Técnicos Educativos) centran a súa actividade en dar resposta as Necesidades Educativas dos alumnos a través dun proxecto que promove a súa preparación e formación para o presente e o futuro, no que poidan desenvolverse do xeito mais autónomo posible en calquera entorno. A participación e información das familias e unha interacción positiva de todo o equipo interdisciplinar cós rapaces é un valor primordial do noso Centro.

QUE FACEMOS

Atención Educativa especializada e adaptada ás necesidades individuais do alumnado, os seus intereses,ás idades de desenrolo e cronolóxica e puntos fortes e débiles.
Atención preferente á Autonomía persoal e ás Actividades da vida diaria (alimentación, aseo, control de esfínteres...).
Empregamos Sistemas Aumentativos e/o Alternativos de Comunicación (SAAC).
Traballamos Habilidades escolares funcionais (Lectoescritura, Linguaxe,Lóxico-matemática, Concepto do diñeiro...).
Traballamos Habilidades Sociais (HHSS): autoestima, emocións, seguimento de regras sociais (saber esperar, respetar espazos interpersoais, ...).
Creamos un entorno estruturado e con apoios visuais que favorecen a xeneralización e o aprendizaxe.
Organizamos Actividades complementarias a súa formación: Deportivas ( natación, Educación Física), Música, Saídas de proxección social (teatro, concertos musicais, títeres...)
Talleres de transición á vida adulta: xardinería, reciclado de papel, cociña, fotocopiado, plastificado...
Ofertamos apoio e orientación ás familias a través das titorías e a comunicación diaria có caderno viaxeiro.

ESTE SERVIZO REALÍZASE EN

CEE. Menela
Camiño Veiguiña nº15 36212 Alcabre (Vigo)
Teléfono: 986 240 703

PARA SOLICITAR INFORMACIÓN SOBRE O SERVIZO

Amparo Maquieira (ceemenela@menela.org)

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.