Respiro e Conciliación da Vida Familiar
Apoio temporal dirixido a familias de persoas con Trastorno do Espectro Autista (T.E.A.)
O Servizo de Respiro Familiar da Fundación Menela é un apoio de carácter non permanente, dirixido aos familiares que conviven con persoas con TEA, co obxectivo de facilitar a conciliación da súa vida persoal, familiar e laboral, prestando unha atención temporal e a curto prazo ao seu familiar con discapacidade. En Fundación Menela consideramos que cada familia é única, vive situacións distintas e afróntaas de forma diferente. Polo tanto, a resposta que debe ofrecer o servizo ha de ser adecuada á súa demanda e as súas necesidades.
Os profesionais que traballan na área de Apoio a Familias de Fundación Menela céntranse a súa actividade en facilitarlles apoio especializado no seu proxecto de vida, coa misión de mellorar a calidade de vida e o benestar de cada un dos seus membros. Axudan a identificar cal é a mellor resposta ás súas demandas e atopan o servizo, actividade ou soporte máis axeitados.
Para conseguilo, ofrecemos a cada familia apoio personalizado e poñemos á súa disposición todos os nosos recursos para alcanzar este obxectivo a través de distintas modalidades de servizo:
- Estanzas, de distinta duración, con e sen aloxamento. Poden
- Apoios puntuais, para atención de demandas concretas por espazos de tempo de curta duración (horas)
As actividades que desenvolve o Servizo de Respiro Familiar da Fundación Menela contan co apoio económico do Concello de Vigo e do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade do Goberno de España