Calidade
O Sistema de Calidade da Fundación Menela ten como obxectivo garantir a mellor resposta as expectativas e necesidades dos seus clientes , tanto aos usuarios directos dos seus Centros como aos seus familiares y persoas relacionadas con eles, e o cumprimento dos compromisos adquiridos con eles pola entidade. Para elo, comproba que cada un dos nosos servizos se esforza en aportar os medios humanos e técnicos precisos para levar a cabo a súa actividade, que aseguren a atención da máxima calidade dentro das súas posibilidades, implantando, actualizando y mellorando día a día os programas de acción que cumpran tanto cos obxectivos establecidos pola propia entidade como cos requirimentos exixibles pola normativa vixente e os beneficiarios dos mesmos.
Tanto a Fundación Menela como a empresa de inserción laboral CASTRO NAVAS SL teñen certificado desde 2009 o seus Sistema de Xestión da Calidade baixo a norma ISO 9001:2015 e UNE 158101:2015. O alcance dos certificados vixentes sería o seguinte:
- Alcance UNE-EN ISO 9001:2015
A) A prestación do servizo de valoración, diagnóstico e orientación a persoas con Trastorno do Espectro do Autismo.
B) A prestación de servizos de prevención das situacións de dependencia e promoción da autonomía persoal a persoas con Trastorno do Espectro do Autismo: servizo de información e orientación a familias, servizo de atención temperá e servizo de apoio integral (atención psicomotriz, logopedia, estimulación cognitiva e estimulación sensorial).
C) A prestación de servizos a persoas con Trastorno do Espectro do Autismo en centros de educación especial: formación básica e formación en transición á vida adulta, habilidades sociais, habilitación persoal, inclusión social, atención psicolóxica e os servizos xerais de restauración e transporte.
D) A prestación de servizos de atención diúrna e residencial terapéutica e de respiro familiar para a prevención das situacións de dependencia e promoción da autonomía persoal a persoas con Trastorno do Espectro do Autismo: coidados persoais, apoio nas actividades básicas e instrumentais da vida diaria, atención psicolóxica e psiquiátrica, atención básica de enfermería, fisioterapia, hidroterapia, terapia ocupacional, estimulación sensorial, integración laboral e social, actividades de ocio e tempo libre, e os servizos xerais de restauración, limpeza, mantemento e transporte.
E) A impartición da formación profesional para o emprego nas áreas de: servizos socioculturais e á comunidade e sanitaria.
F) A prestación dos servizos de lavado, secado e planchado de roupa.
- Alcance UNE 158101:2015
A prestación de servizos de centro residencial e centro de día para persoas con Trastorno do Espectro do Autismo:
Residenciais e xerais: aloxamento, manutención.
Sanitarios: enfermería, psiquiatra, fisioterapia e hidroterapia.
Psicosociais: atención social e familiar, psicoloxía, terapia ocupacional, actividades de ocio e tempo libre.