loading

Residencia

Lugar de Vida para persoas adultas con TEA

O Centro Residencial Castro Navás é un servizo específico de apoio destinado a servir de vivenda permanente ou temporal e prestar atención especializada persoas con TEA maiores de 16 anos, con necesidades de apoio extenso e xeneralizado e/ou en situación de dependencia, que ben polas necesidades de atención que precisan derivadas da súa discapacidade ou ben por razóns sociais ou familiares teñen dificultade para unha integración familiar normalizada.

O servizo presta atención integral ás persoas usuarias mellorando a súa Calidade de Vida como a da súa familia, promovendo a súa inclusión social e o seu benestar biopsicosocial.

Ofertamos as seguintes modalidades de praza residencial:

  • Internado 365 días
  • Internado 261 días
  • Emerxencia Social/ Estancia Temporal
  • Respiro Familiar

Un equipo interdisciplinar de profesionais formados por psiquiatra, psicólogos, fisoterapeuta, psicomotricista, DUE, terapeuta ocupacional, monitores/educadores, e coidadores, todos eles especializados na intervención con persoas adultas con TEA, apoian e atenden as necesidades dende un enfoque terapéutico e partindo dunha atención integral e individualizada.

O Centro Residencial ofrece un total de 41 prazas, que contan con financiamento da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

QUE FACEMOS

VALORACIÓN, SEGUIMENTO E AVALIACIÓN DE PERSOAS USUARIAS
APOIO DURANTE O PERIODO DE ADAPTACIÓN
INFORMACIÓN E ORIENTACIÓN A FAMILIARES ASISTENCIA ÁS ACTIVIDADES BÁSICAS DE VIDA DIARIA
HABILITACION E ATENCION PSICOLÓXICA
ATENCIÓN SANITARIA PREVENTIVA
SERVIZOS HOSTELEIROS

ESTE SERVIZO REALÍZASE EN

Centro de Día e Residencial Castro Navás
Navás, 11 36391 Priegue - Nigrán
986 365 558

PARA SOLICITAR INFORMACIÓN SOBRE O SERVIZO

castronavas@menela.org

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.